Cargando

Sobre nós

Sobre nós

¿QUE É A AGEFEC?

AGEFEC é unha asociación enfermeira científica e profesional fundada o 14 de Febreiro de 2007 sen ánimo de lucro, que vela polo adecuado desenvolvemento da Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia. É algo máis ca unha axencia prestadora de servizos ou que unha asociación defensora de intereses corporativos.

AGEFEC busca sumar esforzos e ilusións. Pretende reunir e representar a todo o colectivo enfermeiro de Atención Primaria e servir de canle para asumir a corresponsabilidade no proceso de mellora e modernización da nosa sanidade.

AGEFEC quere xogar un papel fundamental no desenvolvemento da  Enfermaría Familiar e Comunitaria e da Atención Primaria en Galicia, aglutinando aos especialistas en EFeC e demais profesionais de Atención Primaria da nosa comunidade, e asumindo a súa defensa e representación.

AGEFEC está dirixida por unha Xunta Directiva renovable cada dous anos. Articúlase en Seccións (Unidades Docentes e Titores, EIR e Vía Extraordinaria, Formación Continuada, Saúde Pública e Comunitaria) e Grupos de Traballo, coa pretensión de canalizar a máxima participación dos seus asociados.

AGEFEC está integrada na estrutura federal da FAECAP, sociedade que agrupa ás sociedades autonómicas do estado, constituíndo a sociedade científica enfermeira de maior actividade e implantación de todo o estado español.

¿CALES SON OS FINS DA AGEFEC?

 

  • Promocionar e fomentar o progreso da Enfermaría Familiar e Comunitaria, e da Atención Primaria, divulgando e impulsando os coñecementos da especialidade e os seus principios.
  • Representar os intereses dos seus membros no marco das leis e ante os organismos das Administracións Públicas Sanitarias e docentes e outros órganos ou entidades nacionais e internacionais públicos ou privados.
  • Servir de órgano informativo respecto das funcións e fins da especialidade, e realizar cantas tarefas se lle encomenden, colaborando con entidades públicas ou particulares mediante elaboración de estudios, informes ou propostas.
  • Procurar a armonía dos especialistas e asociados, organizar actividades de carácter profesional, de investigación, formativo, cultural ou asistencial co fin de acadar os obxectivos anteriores en colaboración coas Administracións Públicas, Centros de Saúde, Hospitais, Colexios de Enfermaría, Facultades de Enfermaría e demais Sociedades Científicas.
  • Fomentar e procurar a participación de todos os asociados nas distintas actividades e tarefas da Asociación, a fin de conseguir o mellor cumprimento destes obxectivos.

¿QUE OFRECE AGEFEC OS SEUS ASOCIADOS?

A mellora profesional a través das distintas actividades é o maior beneficio que o socio pode conseguir da AGEFEC. Isto pode lograrse a través de:

  • Actividades de formación continuada nas que o socio participa (congresos, debates, cursos …) tanto en calidade de asistente como de poñente.
  • Fomentando a investigación, potenciada a través das xornadas bianuais da AGEFEC, a través de apoio metodolóxico, convocatorias de becas, etc.
  • Favorecendo a participación e o intercambio de experiencias entre os socios por medio dos Grupos de Traballo e outros foros que se constitúan.
  • Proporcionando material científico e publicacións elaboradas e editadas pola AGEFEC e a FAECAP.
  • Os socios da AGEFEC reciben tamén os documentos elaborados no seo de FAECAP, así como información das actividades que a Asociación realiza e outras informacións de interés para a Enfermaría Familiar e Comunitaria.
  • Descontos para asistencia ás actividades que a Asociación organiza: congresos, cursos, xornadas, talleres,…
  • A pertenza á AGEFEC ofrece a posibilidade de participar nos grupos de traballo e nas distintas actividades que a FAECAP por en marcha
Avatar

agefec

Agefec é necesaria.
Somos necesarios